Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








domingo, 14 de maio de 2017

BALTRIAR

Resultado de imagen de viento en las ventanas


v. intr.: Golpear repetidamente [unha cousa, particularmente unha porta ou ventá] pola mor del vento ou d'unha corrente d'aire.

Ex.: Vai cerrar esa contra, que che ta baltriando toda a tarde y xa nos ten alouriados. // ¡Menos mal que paróu el nordés! Baltriaban todas as portas da casa.


     

3 comentarios:

  1. Mui interesante esta palabra, qu'ademáis ta recoyida en galego ("baltrear") na veira máis oriental de Lugo, na Ribeira de Piquín, col significao de 'dar tumbos el carro', dentro del campo semántico que se señala nel uso tapiego. Aníbal Otero, neste vocabulario, recoye tamén "baltre", col significao de 'noiro, lombo nel camín', el qu'esplicaría el verbo: el resultao de tropezar el carro nos baltres sería "baltrear". Así y todo, tamén el proceso puido ser al rovés y nacer el sustantivo a partir del verbo.
    Ocúrreseme úa relación con úa palabra recoyida nel vocabulario de Mántaras, que fala tamén dos secudiyóis del carro, posiblemente un cruce con "batacazo": "baltracazo".
    ¿Terá tamén relación col adxetivo "baltruteiro" que recoyen Acevedo y Huelves col significao de 'persona malcuriosa, cotrosa y embusteira' y tamén os vocabularios galegos? As relacióis aumentan se reparamos en qu'ese -t- tamén ten resultaos sonoros en galego, con -d- ("baldrugueiro"), col qu'abrimos as posibilidades ás palabras relacionadas con "baldre".
    Aníbal Otero tamén recoye outra palabra del galego oriental, "baltra" 'panza, barriga'. Seguimos dentro del mesmo campo semántico dos abultamentos de "baltre".
    Outra relación con un verbo del galego oriental: "baltrir" 'pegar, guldrir'. É evidente el parentexo semántico cos secudiyóis.
    Todas estas palabras tein que ter relación tamén col verbo asturiano "valtar" ou "valtiar" 'tumbar', 'secudir', pral que García Arias propón como étimo el latín "vol(u)tare" 'voltiar', 'revolcarse' (antias qu'un hipotético *vallitare que propón Pidal).

    Gracias por seguir "salvando" palabras. ;-)

    Mantarego

    ResponderEliminar
  2. Mui interesante el tou comentario. Faime pensar que se cuadra a mía definición é demasiado restrictiva y el verbo podería aplicarse a outros golpes d'outros tipos, como os dos carros nos "baltres" que tu tan ben esplicas. Precisamente por esa razón tuven esta palabra muito tempo "en cuarentena", a ver se podía aclarar máis os sous usos, peró nunca ouguín máis exemplos qu'os referentes al aire, anque el meu sentido lingüístico me dicía que, loxicamente, debería poder usarse en contextos máis variados. Peró nunca atopén referencias vivas.

    De feito, xa naide case reconoce a palabra. A proba é que la puxen nel facebook, nel grupo "nel bando da rula" y os comentarios da xente foron que nunca tal ouguiran.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Quixen decir "nel banco da rula". Muitísimas gracias polas túas aportacióis. De repente a palabra adquire pra min muitísimos matices al relacionala con esa familia léxica tan estensa. Un saludo y sigue tando ei al quite. ;) Un saludo.

      Eliminar