Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








mércores, 30 de agosto de 2017

BAFARIDO

Resultado de imagen de dibujo mal olor

s.m. Golpe repentino de mal olor.

  Ex.: Nun me penso achegar a él, que me bota sempre cada bafarido que m'afoga.

[Asoméñase á palabra bafarada, que tampouco recoyen os vocabularios. De feito, poden ser equivalentes, peró bafarada úsase tamén referíndose a un golpe d'aire calente (anque sigue tendo el matiz de "aire desagradable"), mentres que bafarido solo s'usa pra referirse a un cheiror inesperado y é similar a tafo.
   Díaz López y García Galano recoyen bafido y Suárez Fernández, bafo, con definicióis aparecidas. Os dous vocabularios recoyen tafarido, abondo máis frecuente.].

OS CAIS DE FRANCIA

Resultado de imagen de perro de Francia




        Esiste unha espresión mui chocante que sentín muitas veces pola nosa terra:

                     A [ese/esa] conócenlo[/a] hasta os cais de Francia,

querendo dicir, evidentemente, qu'esa persona é mui conocida. Peró hai ter en conta qu'el espresión ten un matiz despectivo. Ouguinla muitas veces, con connotacióis claramente machistas, referida a unha muyer pra dar a entender que tuvo muitas relacióis con homes diferentes.




               



             

   

domingo, 14 de maio de 2017

BALTRIAR

Resultado de imagen de viento en las ventanas


v. intr.: Golpear repetidamente [unha cousa, particularmente unha porta ou ventá] pola mor del vento ou d'unha corrente d'aire.

Ex.: Vai cerrar esa contra, que che ta baltriando toda a tarde y xa nos ten alouriados. // ¡Menos mal que paróu el nordés! Baltriaban todas as portas da casa.


     

mércores, 19 de abril de 2017

PROBE


Resultado de imagen de dibujos de mendigos

Díxoye el probe á proba: proba, proba, proba.

Esta expresión burlesca contén un xogo de palabras y utilízase como contestación condo a alguén ye mandan probar algunha cousa (unha comida, por exemplo). Úsase sobre todo condo a primeira persona insite y el outra nun ta mui disposta a fer lo que ye mandan.


     Ex.:
- Anda, toma un pedacín. Tá mui bon; anque che teña mala pinta, ta fenomenal. Anda, proba...
- Díxoye el probe á proba...

XUNTAR




   v.intr.  Formarse unha bola de pus debaxo del peleyo a causa d'unha infección.

    Ex.: Tírache porque che ta xuntando. Nun toques máis.// Vaiche xuntar esa mancadura y vai acabar salíndoche un bultín.




mércores, 15 de marzo de 2017

OLA



A espresión ter el ola (ou ter a ola) utilízase pra referirse á respiración ansiosa y entrecortada propia da agonía, dos últimos momentos antes da morte. Ter el ola é sinónimo de "tar a pique de morrer, tar nas últimas".

         Ex.: -¿Cómo ta el enfermo?
                - Mui malín. Ai Dios, nun pasa d'hoi: xa ten el ola.



[A palabra ola ta recoyida nunha acepción relacionada en Suárez Fernández (1996): "Catarro mui forte [nel pecho que fai ruido al respirar]". Parecéume oportuno recoyerla outra vez porque, anque se trata tamén d'unha respiración ruidosa, el contexto d'uso é diferente.]


MACHAR


  v.intr. Fer ruido coa boca (separando con forza a lingua del paladar) pra espresar fastidio. Var: machiar.



[A variante machiar aparece recoyida nos outros vocabularios: Suárez (1996); Fdez. Vior (1998); y Díaz López y García Galano (1994).]


luns, 23 de xaneiro de 2017

TRAFEGO

                 

                           Imagen relacionada


s.m. Cambio del viño dende as cubas a recipientes máis pequenos aprovetando el menguante de marzo. Faise pra depurar el viño das cubas.



[Palabra recoyida por Iván de Cazarón a Ricardo Cotarelo Restrepo, Cotarelo de Pelorde,en Pelorde (Pezós).]



domingo, 22 de xaneiro de 2017

PORVIR




s.m. Situación económica futura d'unha persona.

Ex.: Déixalo, nía, el sou porvir nun vai tar nas vacas. // ¿Qué porvir van ter se nun estudian nada? // Eso nun ye vai valir pa nada; el porvir ta nos ordenadores y esas cousas.