Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








martes, 1 de marzo de 2016

SERENO, -A

                

adx. Nel sou punto esacto de cocción [unha comida]. Ex.: "A min as patacas gústame que queden serenas, nin duras nin desfeitas".



[Ivan de Cazarón propón, con muita razón, qu'usemos el adxetivo sereno, -a, nel canto da espresión italiana al dente, pra referirnos al punto de cocción axeitado pr'á pasta, el arroz ou as verduras. Muitas gracias a Iván por apurrirme esta palabra y, sobre todo, á informante: Benigna González Álvarez ("Benigna de Petrona), da casa de Petrona en Eilao.]

VASADORAO

                             

 s.m.Cantidá grande de patacas ou de comida [feita con patacas].
 Ex.: "Condo era nova cocinaba muito: fía un vasadorao de patacas con bacalao y subíalo al monte pr'á xente que taba trabayando allí, cavando pra llabrar el trigo".



 [Informante: Benigna González Álvarez, "Benigna de Petrona" (Eilao). Gracias a Iván de Cazarón, que foi el intermediario que "pescóu" a palabra y ma apurríu].