Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








martes, 8 de decembro de 2015

ESTUDIAR


Ademáis das acepcióis comúis col casteyano, en gallego-asturiano el verbo estudiar tamén ten unha acepción transitiva:


v.tr.: Pagarye os estudios [a alguén]. Ex.:  Os meus padres fixeron muitísimo sacrificio: estudiáronnos a todos y daquela tíamos qu'ir a Uviedo, qu'aquí nun había instituto. // ¿Por qué pensas qu'é abogao? Estudióulo un señor de Madrid que vía todos os veraos y que s'encariñóu lamar con él. Se non, ¿d'unde iban sacar pa estudialo?



domingo, 6 de decembro de 2015

AXUXAR



  v.tr. Botar [a unha persona ou animal] del sito movendo as maos varias veces hacía fóra y fendo el sonido "xxxxxxxx...." ou pronunciando a voz "xo".  Ex.: Sempre qu'entramos nosoutros, ponse a axuxar al gato. Nun sei se irá con segundas. [AF.: estornar, escorrentar, escorrer].  2. Agobiar a unha persona pra que marche.   Ex.: Xa me vou, nía, nun fai falta que m'axuxes. 

Col verbo axuxar esiste tamén a espresión: "axúxala, madre", que s'utiliza condo se ye fain festas a un crianzo.



      -¡Axúxala, madre!



luns, 2 de novembro de 2015

DENTE


Cua palabra dente recoyemos dúas espresióis:

            1. retorcer el dente 

significa: 'tar rabioso, anoxao por algo sen dicir ás claras el motivo, senón rumiándolo pra ún con resqueimor ou relatando pol baxo'.

      Exs.: -¿Qué che dixo el home d'ir mañá a Ribadeo?
              - Decir nun me dixo nada, peró quedóu retorcendo el dente. //
         
          Nun ye debéu gustar nada al tío el asunto da boda. Ben sei que retorcéu muitísimo el dente.


                       

       2. [ser] de dente revirao

Significa 'ser retorcido, mui repunante y nun tar nunca conforme con nada'.

   Ex.: A ver cómo repartides esa herencia. Tede cuidao con X., que xa sabedes qu'é de dente revirao y vos mete nun pleito por un peleyo de castaña.


OREYÁN, -Á


                      


adx. Cuas oreyas grandes y desapegadas da cabeza.   [AF. oreyudo]




sábado, 3 de outubro de 2015

REINAR


v. intr. Sentir inclinación irresistible a algo. Nun poder dominar un vicio ou inclinación. SIN.: manar.

Ex.: -É que nun lo pode evitar. Réinaye el roubar.




[NOTA: Desque tía publicada xa esta entrada, un informante mantarego fíxome ver que xa taba recoyida nel vocabulario d'A Veiga de Fdez. Vior, cousa que puiden comprobar eu inmediatamente despós. Decidín nun borrala d'A Salvadeira, contra os meus propios criterios de selección, porque é unha forma xa bastante perdida que merece que se ye día un pouco de visibilidá pa que nun s'esqueiza totalmente y porque dende aquí podemos falar sobre ela y averiguar máis cousas sobre a súa estensión, uso y posible orixe.]

NORDÉS DE TRAMPA


                           

Chámase nordés (ou nordeste) de trampa á variedá del vento que vén d'entre el norte y el este que nun responde ás características máis frecuentes nos ventos d'esta procedencia, como acalmar á tardía ou ir acompañaos de bon tempo.

Ex.: Nun paróu de bruar en toda a noite, movíanse as portas y ventás que metía medo. É qu'era nordeste de trampa. // -Vas salir a pescar? Ten cuidao, que nun é nordés, é de trampa.


[NOTA: Relacionao col noso "nordés de trampa", hai un ditame asturiano que diz: "Nordeste qu'a la marea nun vien, trampa tien".]




xoves, 3 de setembro de 2015

APULMONAR





v. tr. Fer que alguén se sinta mal dándoye un disgusto. Ex.: Se yo dices a tou padre, apulmónaslo. // Que nun te vexa cómo tas, vas apulmonarla.

Tamén s'utiliza como pronominal:  Uf, xa tou un pouco miyor, que condo mo contóu apulmoneime toda. // Nun la podo ver. Cada vez que la topo por ei, veño apulmonada. Neste caso úsase condo a ún parece que ye falta el aire por algún disgusto, mala noticia ou por unha situación desagradable.


venres, 3 de xullo de 2015

CASTEYANIAR

                                  


v.tr. Falar casteyano [unha persona que ten como lingua materna el galego-asturiano].

Con este mesmo significao temos tamén el espresión cortar el casteyano.

   Ex: "Desque veu d'Oviedo..., ¡mira cómo corta el casteyano!"

  Normalmente, tanto el verbo casteyaniar como el espresión cortar el casteyano tein un matiz irónico ou despectivo, pra señalar qu'a persona que fala en casteyano quer aparentar unha finura que nun ten. Muitas veces queda implícito el complemento directo ("el casteyano"), namáis representado por el pronome personal átono lo:

      Ex.:      Igual pensas qu'es miyor que nosoutras porque lo cortas... //  Esa é d'as que lo cortan.


                                   


[Dou as gracias a Iván de Cazarón pol verbo casteyaniar y a Xosé Miguel Suárez "Tapia" porque me fixo decatarme de qu'a espresión "cortar el casteyano" inda nun taba recoyida en ningún sito. Muitas gracias tamén polos sous constantes comentarios, aportacióis y interesantes informacióis filolóxicas y de toda clas.]

mércores, 1 de xullo de 2015

ALÍ


                            Alí enriba nun sei únde
                  había nun sei qué santo
                  que rezándoye nun sei qué
                  ganábase nun sei cuánto.


  Esta copla recítaseye a alguén que ta tentando contar algo peró nun se ye entende miga, porque nun conoce os datos esenciales pra darye sentido y  que os interlocutores podan comprender el conto.

    Ex.:  -¿Qué che dixo Pepe del asunto da fiya?
           - Dixo que inda tía que ir a Xixón ou non sei a únde, a levarye as invitacióis ou a lista de regalos ou... qué sei eu...
           - Ai, ho, alí arriba nun sei únde...



É normal deixar a copla sin acabar, como pasa con muitos ditames.



PARENTE


El  espresión
               "parente pola mao esquerda"

úsase pra indicar qu'unha persona ten vínculo de sangre con outra, peró por vía ilexítima, querse dicir,  fóra dos matrimonios legalmente establecidos.


Ex.:   -Nun lo critiques tanto, que nun sei se sabes que sodes parentes.
         -¿Cómo parentes? Nunca lo soupen.
         -Pos si, ho, parentes pola mao esquerda, peró parentes...


É esquivalente al espresión:

        "parentes por detrás del Igresia"  (ou  "da Iglesia")
       

  Tamén ta relacionada cua espresión "parentes ventureiros".
     

martes, 2 de xuño de 2015

PIRULEIRO, -A

 



adx. Con forma estreta, alargada y de sección circular.

Ex.:    Coyéu el bolso piruleiro, ese que ye regalóu a hirmá, y salíu feita unha vaga de mar. //
             
            - ¿Pos únde comprache esos tomates piruleiros?
            - Ah, nía, son d'esos que chaman de pera. Comprénlos nel mercao.
            - Xa los conozo, pero estos son más piruleiros. Muito más piruleiros.


                     

COXA

Resultado de imagen de partes de la pierna



s. f.   Parte da perna que vai dende el cadril hasta a rodiya. Nel interior atópase el fémur.





CORRICÁN, -A


adx. [persona] qu'aveza a andar todo el día d'un lao pra outro.

Ex.: Túa fiya grande é unha corricana: vinla hai un cachín na punta del mueye y xa la tou vendo camín d'El Viso. ¿Pos únde vai a estas horas?


luns, 4 de maio de 2015

PLIZCA





s.f.  Cantidá mui pequena [de daqué].

Ex.: Has a botarye unha plizca de canela pa que ye guste á nena.


[Familia léxica: PILIZCAR, PILIZCO].

ENHAYAR





v.tr. Condimentar [a carne] con ayo.

Ex.: Nun encendas el forno, ho, qu'inda teño qu'enhayar el pito y deixalo reposar dúas horas...

mércores, 15 de abril de 2015

XÍCARA




s.f.  Elemento aislante de cristal ou loza que se poñía nos postes da luz ou del telégrafo pra evitar que os cables tocasen unhos con outros.

Ex.: De nenos sempre tirábamos pedras al alto d'os postes, a ver quén rompía máis xícaras.


[NOTA: El nome vénye da asomeñanza cuas tazas pequenas de loza, usadas sobre todo pra'l aceite, que se chamaban asina. Esa acepción principal xa ta recoyida en Suárez (1996)].

                                     

                     Xícara antiga d'un poste eléctrico.

CASCA





El espresión

                               tar con casca y todo

úsase pra dicir qu'unha persona é bruta y nun ten educación ou modales refinaos.

Ex.: Anda ní'anda, al home nun ye pidas máis finuras. ¿Pos inda nun te decatache de que sigue tando con casca y todo? 

Tamén esiste a variante: "tar sin escascar".

  Ex.: Hai ben anos que baxóu da montaña y einda ta sin escascar.






INORANTIAR


v. intr. Dicir simplezas ou fer consideracióis sin sustancia propias de xente xinxela ou inorante.

Ex.: Fun al velorio y tuven que tar toda a tarde alí inorantiando con unhos y outros.




venres, 13 de marzo de 2015

COTE





s.m. 1. Medida equivalente a un puño pechao, agá el pulgar (que queda estirao). Úsase en apicultura pra medir a distancia entre os fustes de riba y el pico el pico del trobo, y os fustes de baxo y el fondo del trobo. 2. Medida del taco de cera que se saca del trobo pra esmelgalo.


[Gracias a Iván Cazarón que recoyéu esta palabra en Brañadesella (Bual).
  A foto, unde se ven con claridá os fustes de riba y de baxo dun trobo, ta tomada del blog de María del Roxo "El lejano oeste"].


mércores, 4 de marzo de 2015

ESCONTRELA







A palabra 'escontrela' (procedente da advocación da Virxe del mesmo nome, na capiya de Casarego), condo s'usa como nome común, significa:

Muyer vestida sin elegancia que, pretendendo ir engalanada pra unha festa ou ocasión especial, resulta ridícula y de mal gusto. Aplícase normalmente a muyeres vestidas con roupa de largor escesivo pra os gustos actuales y con muitos adornos como volantes, lazos ou puntillas.

Ex.: ¡Ay, Virgen! ¿Cómo qu'iba elegante? Se parecía unha escontrela...  // ¿Nun irás levar así a nena á misa? Vai cambiala, anda, que vai feita unha escontrelía. // Diyes que che metan os baxos del vestido, nun vayas ir d'escontrela. // ¡Qué manía tein de levar as nenas á festa vestidas d'escontrelas!

domingo, 1 de marzo de 2015

XABÓN





El espresión 'aire de xabón' utilízase pra indicar unha lavadura lixeira da roupa que nun ta mui cotrosa y que se fai sobre todo pra dar bon olor a os paxelos que levan guardaos muito tempo.


Exs.:  Nun fai falta lavala muito, abonda con que ye días un aire de xabón. // Ten namáis algo de polvo, peró con un aire de xabón vai quedar lamar de ben.


martes, 3 de febreiro de 2015

XEBRÓN

                 




s.m. Corrente que se forma condo hai mar de fondo y el vento asopra en sentido contrario. 2. Banco de pexes que se desplazan nesa corrente. VAR. xabrón.


[Agradezo a Emiliano Álvarez González ("El viejo pescador")esta aportación. Tamén a Tuto Rodríguez Fernández polas súas esplicacióis sobre el significao].







luns, 2 de febreiro de 2015

pulgarada





s.f. Medida tradicional de lonxitú que correspondía máis ou menos al largor da falanxe superior del dido gordo da mao y qu'equivalía tamén a un dociavo da medida chamada pe.

Ex.: Inda m'acordo condo midíamos así: por maos, por libras, por onzas, por pulgaradas... Sí, nía, sí, doce maos fían media resma y doce pulgaradas fían un pe.

Taban mui xuntas unha del outra. Nun habería entr'elas máis d'úa pulgarada.


[NOTA: Anque a palabra pulgarada esiste tamén en casteyano y este blog recoye namáis el léxico diferencial, paréceme interesante rexistrar esta palabra porque en casteyano sustituíuse cuase totalmente por "pulgada", mentres qu'en galego-asturiano inda se pode sentir a forma "pulgarada"].

MEXAR







El verbo mexar aparece nel espresión:

                  Todos mexan á parede

que nun creo que necesite ningunha esplicación. É a versión enxebre del "todos os homes son iguales".


[NOTA: Que conste que nun suscribo a frase, senón que me limito a recoyer el noso acervo lingüístico... ;)]





                               

xoves, 8 de xaneiro de 2015

PAYEIRO







El sustantivo payeiro (montón de paya de forma alargada) utilízase nel ditame


"El que sirve a señores morre detrás d'un payeiro"

que nun necesita muita esplicación: úsase pra espresar lo agarraos que ás veces poden ser os que máis tein.

HOMADA






s.f. Acción que pretende ser propia d'un home (pola forza ou valentía que s'amostra), peró qu'acaba resultando ridícula porque se trata d'unha situación mui favorable prá persona que la fai ou que supón pouco peligro.

Ex.:   ¡Vaya homada fixo féndoye frente al pequeno del grupo! // Vai chufando qu'axudóu a todos a salir da casa condo queimaba y resulta que xa taban alí muitísimos vecíos y él nun fexo cáseque nada. ¡Outra das súas homadas!