Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación mui rigorosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

martes, 1 de xullo de 2014

DURMIR

El espresión

            ¡Durmas tu el sono de San Juan!

é unha maldición que s'utiliza condo a persona que fala estráñase de qu'alguén leve durmindo muito tempo. Ten unha variante máis larga que diz:

         ¡Durmas tu el sono de San Juan, que son venticuatro horas!


[NOTA: É usual qu'os nomes dos Santos s'utilicen en castellano. Eso sucede nesta espresión como  noutras muitas. Por outra parte,  a orixe desta especie de maldición ten que ver con unha crencia popular según a cual Dios, pra evitar as tronadas que son frecuentes na noite de San Xuan, durme al santo antes de que chegue ese momento durante muito horas pra que nun esperte hasta que s'acabou a festa. A tradición pinta al santo como amigo de festas y baruyo, y as tronadas serían el sou xeito d'armar xareu. El ditame recoyido en Tapia atribúyeye a San Juan un sono dun día enteiro; noutros lugares da Península el sono dura hasta tres días completos, como amostra, por exemplo, esta cántiga andaluza:

         Mi niño se va a dormir.
         ¡Ojalá fuera verdad
         y le durara el sueñito
         tres días como a San Juan! ].




Ningún comentario:

Publicar un comentario