Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








mércores, 3 de decembro de 2014

TIRIFILO





s.m.  Persona mui dalgada.

Ex.: ¡Que vai ser bon mozo, muyer, si é un tirifilo!

[Úsase tanto pra homes como pra muyeres y nun ten variación de xénero. Ex.: A fiya pequena é un tirifilo.]


FOGAZA




     El sustantivo fogaza forma parte del ditame

                            "De cada fogaza abonda unha tayada",

que s'usa pr'aconseyar nun repetir algo de lo que xa se ten esperiencia y que nun salíu tan ben como s'esperaba.  Anque pode referirse a outro tipo de situacióis, úsase muito pra falar de casorios ou relacióis amorosas: el ditame aconseya nun cortexar a un mozo ou moza d'unha familia cua que xa s'emparentóu antias.

Ex.:  Este rapaz é primo del home da irmá grande. A ela gústaye muito, pero a madre nun ye deixa salir con él porque diz que de cada fogaza abonda úa tayada.

luns, 10 de novembro de 2014

BOI



A palabra boi aparece nel ditame:

                  ¿Únde irás, boi, que nun ares?


El qu'utiliza este ditame fala de sí mesmo y quer dicir que nun fai máis que trabayar; anque cambíe de sito y de circunstancias, el  que fala considera que sempre ye toca cargar con todo el trabayo y os sufrimentos.


[É un ditame mui utilizado dende hai siglos en todas as linguas peninsulares. Tamén s'usa en América y nas comunidades sefardís. Ta documentao xa nos siglos XV y XVI en obras como La Celestina ou os poemas del Marqués de Santillana. Ten distintas variantes, anque esta é el única que ougüín en galego-asturiano. Algunhos paremiólogos consideran qu'é unha pergunta retórica que leva implícita a contestación: "Al matadero" ou "Á obriga", lo que reforza el sentido de qu'esta vida é toda penuria y qu'é miyor nun queixarse muito porque el alternativa pode ser inda pior.]


venres, 7 de novembro de 2014

MISA




El sustantivo misa aparece nel espresión:

            ¿Quén paga estas misas d'a cuarenta?

que s'utiliza condo un gasto supera as posibilidades económicas de quen lo fai . Tamén s'usa pra espresar dudas sobre el xeito en que se ha pagar unha cousa, sobre todo condo se trata de dieiro público. En todos os casos, é un ditame qu'espresa estrañeza condo alguén gasta sen xeito y sin mirar polos cuartos.

Ex.: - Os "fuegos" del Carmen d'este ano foron os miyores.
       - Si, pero, ¿quén paga estas misas d'a cuarenta?

        -A boda tuvo lamar de guapa, pero agora ¿quén vai pagar estas misas d'a cuarenta?








sábado, 4 de outubro de 2014

LESTE



                                     

s.m. 1. Punto cardinal: este, oriente. 2. Vento que vén del leste.

Ex.:  -Ah, nía, ¿qué vento é este?  -Podes salir al mar, qu'é leste. // Nun vai chover, qu'hai muito leste.



DESAMASAR


v. intr. Convencerse de qu'algo [con que se cuntaba ou pra lo que xa se taba preparao] nun vai poder ser.

     Ex.: Vai desamasando d'ir a Porcía, que ta chovendo a doiro. // ¿Pensabas ter vacacióis? Pos desamasa, qu'acabas d'empezar a trabayar.

Tamén esiste el espresión:

       Desamasa, que cayéu el forno,

que s'usa esactamente col mesmo significao.


[NOTA: El sentido recto ou orixinal de desamasar é 'desfer unha masa', peró el sentido que sobrevive nel Occidente d'Asturias y que definimos máis arriba é, por suposto, un sentido figurao.
El espresión "desamasa, que cayéu el forno" ten unha esplicación popular: cuntan qu'a unhos panadeiros da zona esbarrumbóuseyes el forno condo taban a pique de meter el pan, y el home díxoye á muyer: "Desamasa, nena, que cayéu el forno". Dende entoncias a xente úsalo col sentido de desfer os preparativos d'algo que se taba a pique de fer, ou de deixar de ferse ilusióis de qu'algo vai suceder.]

ARDOR

         

             


s.m. Luminosidá del augua del mar causada polos movementos de certos pexes y d'outros organismos marinos.

     Pescar al ardor: 

        Pescar pola noite aprovetando a fosforescencia del augua.



mércores, 24 de setembro de 2014

TREIXADA



s.f. Torniscada. Temporal de vento y augua.


[NOTA: Treixada é unha variante de treixuada, que sí vén recoyida nos vocabularios de Suárez Fdez.; Fdez. Vior; y Díaz López y García-Galano. El alternancia nel sufixo -ada/-uada é mui frecuente nel dominio galego-asturiano. Aparece en palabras como pasada / pasuada; cachada / cachuada ; trabada / trabuada y muitas outras. A forma treixada, usual en Tapia, ten tamén el sentido de 'mal ou enfermedá pasaxeira' que recoyen os lexicógrafos mencionaos.]


martes, 16 de setembro de 2014

RONCÓN

s.m.

1. Instrumento feito con un corno de mar usao nos barcos pr'avisar ás outras embarcacióis en días de cerzo. Tamén s'usaba nas cinzarradas que se yes daban aos viudos.


2. Parte da gaita que ye dá el sou sonido grave característico.




3. Sonido grave que fai el mar al entrar y salir nunha cova.

   Ex.: Nesa cova fai muito roncón porque ten unha greta mui grande.







DEVANADEIRA




s.f.  Aparato formao por dous palos en forma de cruz que sirve pra formar as madeixas. SIN.: sareyo.


[Díaz López y García-Galano (1996) recoyen a variante devanadoira].

ESQUEIXE



s.m. Cana d'unha pranta que s'introduce na terra pra reproducila.


MAO


A palabra 'mao' aparece nel espresión

  ¡Nas maos de quén ta el corpo de Nuestro Señor Jesucristo!

Esta espresión úsase cóndo el que fala se sorprende de que alguén, sin mérito ou capacidá, seña el encargao dun labor pral que se considera que nun ta facultao.

Exemplos:
- Ese foi el que ganóu as elecióis? ¡Ay, Virgen! ¡Nas maos de quén ta el corpo de Nuestro Señor Jesucristo!  //  - ¿Vas tu enseñarye ás túas irmás a ferlo? ¡Peró si tu nun fuche nunca quén a ferlo como é debido! Mira tu nas maos de quén ta el corpo de Nuestro Señor Jesucristo...


[NOTA: Como é usual na zona, as espresióis de tipo relixioso, sobre todo se noman a Dios, a Virxen ou os santos, tan en casteyano, anque el resto del dito teña en galego-asturiano.
   A esta espresión, mui usada alomenos en Tapia, hay quen ye dá unha orixe basada nunha anécdota que ye sucedéu a un paisano que, tando na misa, se sorprendéu de qu'el cura fose un vecín sou y esclamóu: "¿Nas maos de quén ta el corpo de Nuestro Señor Jesucristo? Nas maos de Juan Ferreiro"].

martes, 1 de xullo de 2014

NIADA

El sustantivo niada ('camada de crías') úsase nel refrán

       En toda niada hai un pito coxo

referida a unha persona que destaca dentro da súa familia ou del sou grupo polos seus defectos, el sou mal carácter ou os sous costumbres pouco recomendables.

[Asómeñase ás espresióis casteyanas 'ser el garbanzo negro' ou 'la oveja negra de la familia'].





SAÍN

A espresión

          pingar saín

ten sentido figurao y s'utiliza pra referirse ás personas que tan chorando ou queixándose continuamente.

Ex.: A nía, ben tas sempre pingando saín...! A ver cóndo nos veis cuntando algo más alegre pa variar...  // Corre, corre, que nun nos piye Fulana, que ta todo el día pingando saín y hoi nun teño gana d'aturarye os choros.




DURMIR

El espresión

            ¡Durmas tu el sono de San Juan!

é unha maldición que s'utiliza condo a persona que fala estráñase de qu'alguén leve durmindo muito tempo. Ten unha variante máis larga que diz:

         ¡Durmas tu el sono de San Juan, que son venticuatro horas!


[NOTA: É usual qu'os nomes dos Santos s'utilicen en castellano. Eso sucede nesta espresión como  noutras muitas. Por outra parte,  a orixe desta especie de maldición ten que ver con unha crencia popular según a cual Dios, pra evitar as tronadas que son frecuentes na noite de San Xuan, durme al santo antes de que chegue ese momento durante muito horas pra que nun esperte hasta que s'acabou a festa. A tradición pinta al santo como amigo de festas y baruyo, y as tronadas serían el sou xeito d'armar xareu. El ditame recoyido en Tapia atribúyeye a San Juan un sono dun día enteiro; noutros lugares da Península el sono dura hasta tres días completos, como amostra, por exemplo, esta cántiga andaluza:

         Mi niño se va a dormir.
         ¡Ojalá fuera verdad
         y le durara el sueñito
         tres días como a San Juan! ].




FERVER



El espresión

               ferver como caldo de ladrón

úsase condo un líquido leva tempo fervendo y fai muitos globos ou burbuyas na superficie.

Ex.:  - ¿Por qué ye baxache el lume al caldo?
       - Porque taba fervendo como caldo de ladrón.



CASAR(SE)


  El verbo casar(se) aparece neste ditame:

Casáchete, cagáchete ou ¿Casáchete? Cagáchete.


que nun necesita muita glosa: Al casar, acábase a vida de folganza y diversión y empezan os problemas y as lamentaicióis cuas que ún nun contaba. El dito ven dicir que nun hai que queixarse muito, que é sabido de todos que a vida de casao nun ten miga que ver cua de solteiro.


GLOBO



s. m. Esfera que se forma condo s'asopra por un tubo que contén augua con xabón.

   Ex.: El neno entretúvose toda a tarde fendo globos de xabón.





martes, 3 de xuño de 2014

CAN




El sustantivo can entra en muitas espresióis feitas, entre elas,

                       ser un can sentao,

que s'aplica ás personas de pouca estatura, sobre todo, ás de perna curtia. Ex.: ¡Que vai ser bon mozo, si é un can sentao...!   Tamén s'utiliza muito a espresión

                     cara de can,

que significa 'cara d'enfado, de mal humor'. Ex.: Devolvéume a pelota, pero púxome unha cara de can...

             



MAZA


El sustantivo maza (que designa unha especie de martelo de madera ou ferro con distintos usos) utilízase na espresión

              ser unha maza

que, aplicada ás personas, é equivalente a 'ser un burro de carga'. Quer dicir qu'alguén leva a parte pior dos trabayos y responsabilidades nun grupo. Refírese a unha persona de muito aguante que, muitas veces, ten que resolver os problemas dos outros y a quen todo el mundo vai contar as penas.

Ex.: Ela pode cua casa y con todo: é unha maza. // A irmá grande sempre foi a maza da familia: ela cuidóu al padre, ela axudóu a os sobríos condo yes fixo falta, ela tuvo qu'aguantar á cuñada, que nun hai quen l'aguante...

PEDRA


A espresión

           vivir debaxo d'unha pedra

aplícase ás personas que son quén a vivir nas piores condicióis, que poden prosperar en situacióis adversas y que s'amañan con poucas cousas pra sobrevivir.

Ex.: -¿Qué vai ser d'ela agora sin el home?
       -Nun t'esmolas tanto, qu'esa vive debaxo d'unha pedra.


xoves, 8 de maio de 2014

RAIGÓN

s.m. Peleyo levantao alredor das uñas dos dedos da mao, qu'aveza ser doloroso. SIN. respigo, padrastro.


mércores, 7 de maio de 2014

BOLICHE


s.m. Volta, paseo curtio.  SIN. Bolichada.

Ex.: Vou dar un boliche mentres nun acaban de salir da misa.


ENXUITO, -A


El adxetivo enxuito ('seco') aparece nel refrán:

          Nun se piyas truitas a bragas enxuitas.

que, evidentemente, quer dicir que nun se consiguen as cousas se ún nun se molesta, arriesga ou sacrifica algo pra conseguilas.


[Este ditame, inda mui vivo entre os falantes de gallego-asturiano, nun aparece en ningún dos tres vocabularios que tomamos como referencia pra incorporar palabras a este blog; pero sí aparece recoyido en Fdez Vior (1997) como exemplo de adxetivo funcionando como modificador ou adyacente al sustantivo: A bragas enxuitas nun se còyen truitas. Tamén aparece en Acevedo y Fdez. (1932) con esta variante: Nun se piyan truitas a bragas enxuitas. Y a bragas moyadas, poucas y malas.]




BAXAMAR


Cua palabra baxamar úsase esta espresión d'orixe marineira:

                      Á baxamar todo aparece.

Quer dicir que condo as circunstancias deixan de ser favorables, aparecen todos os inconvenientes que antias taban ocultos. Úsase especialmente pra referirse á veyez das personas.

Ex.:  Ta malo del corazón y ten muito azúcar y el colesterol alto... Con lo bon deportista qu'era y lo sano que parecía... Pero ten muitos anos y xa se sabe que á baxamar todo aparece.

Dios nos libre lo que presumía  condo tía aberto el negocio y agora resulta que debe unha chía de cuartos y nun sei qué problemas ten pendentes en Madrid... Á baxamar todo aparece.





martes, 29 de abril de 2014

FOYÓN



s. m. Foyas grandes del meiz que, despós de secas, s'utilizaban pra fer sargóis.

Ex.: Inda m'acordo de condo se durmía en colchóis de foyón. Despós veron os de crin y despós os de la y, muito despós, os modernos: d'espuma, de mueyes...





[NOTA: Esta palabra é unha aportación de Tere de Coto, que nos informa de qu'é a forma usada en Pezós. Un especialista en léxico da zona confirma el sou uso en Pezós, Armal (Bual) y Corondeño (Ayande). Como indica este seguidor del blog, esta palabra nun aparece nos diccionarios galegos nin asturianos, así que de momento podemos considerala unha palabra eonaviega. Hai unhos días publicamos neste mesmo post a entrada "foyaco", para designar tamén as foyas del meiz. Algunhas indicacióis de xente seguidora del blog fixéronme dudar del carácter autóctono da forma, porque me decatei de qu'os informantes (tapiegos) que ma apurriran tuveran muito contacto con parentes de Ribadeo y é posible qu'esa forma l'aprenderan d'elos. Por eso, mentres nun poda confirmar qu'era unha forma usada por máis xente nun emparentada cos primeiros informantes, decidín eliminar "foyaco" da Salvadeira y sustituila pola forma confirmada "foyón". Gracias a Tere de Coto y a todos os que me deron información valiosa relacionada con esta entrada.]


xoves, 24 de abril de 2014

ESPEREXILARSE


v. pron.  Esplicar algo con muita pasión, fendo muitos xestos y movendo muito as maos al falar. SIN.: Esfarelarse.

        Ex.: Inda tou véndola agora, cómo s'esperexilaba toda dicindo qu'a súa fiya nun tuvera culpa de nada.


COCECULES


s.m. Persona inquieta, que nun ten parada. SIN.: cocedoiro, fervedoiro.



MEXAR


A espresión

         mexar de pé

utilízase pra dicir qu'unha muyer é pouco femenina; que ten modales, xestos, costumbres... que se consideran masculinos.

      Ex.: ¡Qué vai ter mozo! ¡Esa mexa de pé!



COSER PRA FORA

A espresión

          coser pra fora

ten, amáis del sou sentido recto ('trabayar de costureira, fendo roupa na casa por encargo de terceiros'), un sentido figurao de connotacióis sexuales: úsase pra referirse ás muyeres que se prostituyen, especialmente,  ás muyeres casadas que tein relacióis sexuales fora del matrimonio a cambio de dieiro ou por outro tipo de favores, ou ben ás muyeres casadas ás que se yes conocen muitos amantes.




[NOTA: As connotacióis eróticas del verbo 'coser' son mui frecuentes xa dende a literatura medieval y durante el Renacimiento en todo el mundo hispánico. Espresióis relacionadas coa costura aparecen, por exemplo, na Celestina de Fernando de Rojas con claro simbolismo sexual. A espresión nun dar unha puntada sin filo ('nun fer nada sin sacarye beneficio') tía na súa orixe un significado sexual claro, del que xa nun son conscientes os falantes.]





xoves, 3 de abril de 2014

FOUFÓU

A espresión

         muito fou-fou y pouco ñame-ñame

úsase pra referirse a quen parece que trabaya muito, peró al cabo nun fixo cousa de berencia.


[Súarez Fdez. (96) recoye el adxetivo foufóu y lo define asina: "Esaxeradamente trabayador", y aporta este exemplo: "Ei unde ves ese folgazán, condo se casóu era un foufóu que todo lo quería fer nun día". Pedínye algunha explicación máis sobre esta palabra al propio Xosé Miguel Suárez y este matizóu a definición dicindo qu' un foufóu é unha persona que nun para de fer cousas, dacondo con espaventos de máis pral pouco resultao que ten el sou labor. Esta esplicación casaría totalmente col uso que se ye da al dito "muito fou-fou y pouco ñame-ñame". Pral filólogo de Mántaras a voz "foufóu" sería unha onomatopeya del ruido que se fai al respirar afatigao condo ún s'afana en trabayar.]


CALAR


A espresión

         calar como un afoga(d)o

úsase pra referirse a quen nun fala por medo ou por nun comprometerse.

Ex.: Condo perguntaron quén rompera a xarra, calóu como un afogao.



REBOLA


A espresión

                    ir da maza prá rebola

úsase pra dicir qu'alguén pasa d'unha situación mala a outra inda pior.

Ex.: Ese foi da maza prá rebola: protestou porque ye mandaban ir trabayar y agora cambiáronlo de turno y ten que tar muitos días hasta as once da noite.

[É equivalente ás espresióis castellanas "salir de Guatemala y meterse en Guatepeor", "ir de al en peor" ou "salir de Málaga para entrar en Malagón". Suárez Fdez. (96) recoye el refrán "Da maza prá rebola, veña el demo y escoya" que s'utiliza condo dúas opcióis que se ye presentan a alguén son igual de malas y nun hai quen escoya entre elas.]


domingo, 23 de marzo de 2014

LORLORLOR




Interxección cua que s'arromenda el ruido que se fai al falar muito y sin xeito


Ex.: Xan púxome a cabeza tolla. Nun calla. Ta todo el día con hestorias y que si esto y aquello, y lor-lor-lor.




[Gracias a Iván de Cazarón por esta aportación, pol exemplo y a esplicación d'uso. Lor-lor-lor é unha variante da onomatopeya larlarlar (ou lar-lar-lar), que xa  taba recoyida en SUÁREZ FERNÁNDEZ (1996) . Ta relacionada con outras palabras de noso, como "lareta", "laretar" y mesmo "larán", qu'eu xa recoyera en ÁLVAREZ LEBREDO (2003). Todas tan relacionadas morfolóxica y semánticamente con 'falar': lareta é a persona que nun cala, que fala muito; laretar é  falar muito, sobre todo nel sentido de contar chismes, tar de conto cos vecíos; larán significa 'baruyo' y pode que tamén teña relacionada etimolóxicamente coas outras palabras. Todas parecen derivarse d'esa voz onomatopéyica 'lar', que, por outra parte, coincide coa terminación del verbo 'falar' (del mesmo xeito qu'a forma utilizada nas linguas vecías -blablablá- coincide coa última sílaba del verbo castellano 'hablar'). É curioso que todas as linguas occidentales usen a onomatopeya bla col mesmo valor: portugués / asturiano / galego / castellano: blablablá; inglés: blah blah; italiano / alemán: bla bla... El noso sería un caso único. Temos que conservar esta forma pra que nun quede nel esqueicemento.]


luns, 17 de marzo de 2014

COPETÍN



s.m. Reunión social de mediana formalidá unde se toman bebidas alcohólicas (como viño ou vermú) acompañadas d'algo pra picar.

Exs: Nun sei se despós del pregón vai haber copetín. // -¿Cómo tas tan elegante? -É que vou de copetín.





REFERVER




Col verbo referver ('volver ferver') recoyémos este ditame:


               Nin café refervido, nin muyer d'outro marido.



CALZÓN




s.m. Paxelo de roupa interior de muyer, que cubre dende a cintura hasta as ingles. SIN.: culeiro, braga.

Ex.:  -¿Pos cómo esta nena nun leva calzón debaxo del vistido?
        - É que se mexóu por sí.



mércores, 12 de febreiro de 2014

BÉTIGOS



s. m. pl.  Tarecos. Trastes ou ferramentas que s'utilizan pra fer un labor.

   Ex.: "Os tendeiros iban recoyendo os sous bétigos"



[Tanto a palabra como el exemplo son unha aportación del escritor y académico tapiego Manuel García Galano. Mandámosye dende a Salvadeira un saludo cariñoso y el noso agradecemento.]


domingo, 9 de febreiro de 2014

AFEITAR


v.tr. Deixar [a alguén] sin cuartos, por cobrarye demasiao por un producto ou servicio, por ganáryelos xugando, por sacáryelos con engaños...

   Ex.: "¡Vaya precio que ten el calzao. Fun comprar us zapatos y afeitáronme ben! // "Xogamos al tute y perdemos todas as partidas. ¡Afeitáronnos como ta mandao!"




[NOTA: Gracias a Iván de Cazarón por renembrarnos esta segunda acepción y proporcionarnos os exemplos. N'A Salvadeira hai outra entrada prá palabra "afeitar" col signifcao de "amañar as redes".


luns, 3 de febreiro de 2014

MARMOLEIRO, -A


s. m. y f. Persona que ten por oficio trabayar el mármol.





FEL


s.f. Bilis, sustancia amarga que segrega el fégado.

   Ex.: Lava ben el pescao, que a pescadeira sempre mo deixa chen de fel.


GAYÁN



s.m. (Labrus bimaculatus). Pescao de tamaño pequeno (máx. 30 cm), de boca puntiaguda y de color tirante a colorao con manchas azuladas.

   Ex.: Ponme un kilo de xulias y unha docía de gayáis.


ROLO



s. m. Onda qu'envolve antias de romper.

   Ex.: ¿Cómo t'achegas tanto al mar con este temporal? ¿Nun ves que vai vir un rolo que te vai levar?



xoves, 9 de xaneiro de 2014

CAXIGO



s.m. Brote del carbayo.



EMPOLEIRAR(SE)



v.prnl. Subirse [unha galía] al poleiro.




CURRUTACO

s.m. Persona baxa y rechoncha.



[NOTA: Con este significao aparece namáis nos diccionarios de americanismos, pero non nos diccionarios galegos nin castellanos].

RANCHO



s.m. Conxunto de pescaos menudos de diferentes especies que se pescan ou se venden al memo tempo.

- ¿Qué pescao trouxo hoi Manolo?
- Rancho: unhas poucas de xulias, fanecas, algún sarguín pequeno y algo de pinto.




AZARAPAYAR

v.tr. 1. Fer [unha cousa] comoquera, sin cuidao.

 Ex.: -¿Xa recoyéu todas as cousas?
        -Azarapayóu todo nun momento pra poder salir. 

  2. Particularmente, pronunciar sin claridá; articular os sonidos da fala de xeito mui rápido y confuso. Ex.: Azarapaya muito al falar.



PERFIYAR o PORFIYAR


v. tr. Adoptar a un neno como fiyo propio. Ex.: Contoume mía madre que esa rapaza fora porfiyada por unha tía, porque os padres nun la podían manter.


[Todos os vocabularios consultaos (Suárez; Fdez. Vior; Acevedo y Fdez; Díaz López y García Galano) contéin namáis a forma prefiyar, peró tamén se rexistran as formas perfiyar y porfiyar.]