Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








luns, 16 de decembro de 2013

RASCO




s.m. Rede larga y estreta pra pescar pescao de tamaño mediano, como zarretas, fanecas, xulias, etc.



CAMÁNDULA


s. m. y f.  Persona pouco amiga de trabayar; folgazán.



RODIYO




s.m. Trapo utilizao na cocía pra secar ou limpar. SIN.: corra.



ESCORNAR


v.tr. Quitar os cornos [a un animal] || 2. v. prnl. Esforzarse muito pra conseguir algo. (S'utiliza especialmente pra referirnos a un esforzo intelectual).  Ex.: Tuvo escornándose toda a tarde pra ver cómo podíamos amañar un belén guapo con tan pouco musgo.


sábado, 7 de decembro de 2013

ESPARAR


v.tr. Estender [el apareyo] pra ir meténdolo aberto nel barco.



[Na foto qu'ilustra a entrada, dúas tapiegas esparando el rasco. Foto cedida por José Manuel Fraga, a través del sitio facebook "Nel banco da rula".]





APAREYO



s.m. Conxunto d'instrumentos qu'utilizan os marineiros pra pescar, como redes ou palangres.