Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








luns, 25 de novembro de 2013

PESCADA




s.f.  (Merluccius Merluccius) Pez da familia dos teleósteos, de corpo alargao y de color gris agá nel ventre, unde é abrancazao. É mui apreciao na cocía.




A palabra pescada foi desaparecendo, sustituida por merluza, común col castellano, peró inda hai xente que la recorda. Ademáis, esiste na nosa terra unha cántiga popular que dice:


                             Pepe Repepe,
                             camisa cagada,
                             foi á cocía
                             lamber a pescada.
                             Tanto lambéu
                             qu'el pote rompéu.






                                   




xoves, 21 de novembro de 2013

DE MAO APURRIDA

loc. adv. A espresión

               de mao apurrida

úsase pra dicir qu'algo se fixo de forma voluntaria ou espontánea. Normalmente s'utiliza condo alguén s'ofrece pra prestarye axuda a outra persona, peró é un ofrecemento simulao, feito por quedar ben, sabendo que nun yo van aceptar. É equivalente a "de boca pequena". Aveza ir complementando al verbo vir.

Exs.: Veu mui de mau apurrida ofrecerme fabas. Eu nun las comprén y lougo nun mas deu. // De mau apurrida dixo que vía axudarnos a pañar patacas y nun parecéu en toda a tarde.





ESFOYECAR

v. tr. Estropear, dexobar ou romper [as foyas d'un libro ou pranta].

   Ex.: Ei ta el libro que me pediche, peró ta todo esfoyecao dos nenos, que nun tein dolo de nada. //   Xa m'esfoyecóu el gato a planta que me regalache. Tou todo el día barrendo...




CABREGO, -A

adx. Relativo á cabra. Ex.: Usaba chapíos de la cabrega.


luns, 4 de novembro de 2013

RINCHIDO, -A




adx.:  [asento] brando, con tapicería y mueyes nel interior.

Exs.: Eran de casa rica. Xa naquela época tían siyas rinchidas nel comedor.  // Nun vexo a tele nel sofá porque apigarzo axina y perdo el mitá da película. A min dáme el meu siyonín rinchido, qu'é la mar de cómodo, tou más dereta y nun me dolen tanto as costas.


(TANTO) DAR

Nota de lexicogramática:

A espresión

                   tanto dar[ye a alguén unha cousa],

que significa 'serye indiferente' a alguén unha cousa, 'nun importarye miga', ten unha construción sintáctica particular nel Navia-Eo:

  Mentres qu'en castellano esta espresión (que ten el mesmo significao que na nosa lingua) concorda cua cousa que nos resulta indiferente (el suxeto) y el complemento indirecto corresponde á persona que esperimenta el sentimento de indiferencia, en galego-asturiano (alomenos, en parte) el verbo concorda coa persona que esperimenta el sentimento de indiferencia y el complemento indirecto espresa a cousa que provoca esa reacción anímica.

Por exemplo:

    - ¿Sabes qu'este sábado casóu aquel mozo de ... col que saliras hai anos?
       
( Resposta á castellana:         - Tanto me da. 
  Resposta galego-asturiana: - Tanto ye dou.
  Resposta á galega:             -Tanto me ten.


Vén esto a conto de que cada vez escuito máis a versión castellana (y incluso a galega) y menos a que eu consideraba máis nosa.

[PERGUNTA: ¿Son todas propias del Navia-Eo? ¿Quizáis cada unha é propia de zonas distintas? ¿Ta sustituíndo a espresión castellana á espresión de noso? ¿Ta meténdose tamén a espresión galega a través da televisión? Quen sepa algo sobre este asunto, por favor, que nos informe.]










MORDER NEL CUL

El verbo morder úsase na espresión

                     morde nel cul que todo é carne,

resposta de burla que se ye dice as personas (especialmente aos nenos) que se tan queixando todo el tempo de fame.  [Reparade en que 'carne' cai en copra con 'fame':]

              - Teño fame....
              - Morde nel cul que todo é carne.




DULCIAR


v.tr.  Moyar [daqué] con augua dulce.

Ex.: Teis que dulciar os balcóis todos os meses pra que nun se ch'apegue el salitre.



PRENDER

Entre as muitas acepcióis del verbo prender, úsase unha que nun topén nos vocabularios publicaos:

v. intr.  Fer efeuto unha vacuna.

Ex.: - ¿Pos cómo che tuvo a nena os pezureyos? ¿Nun taba vacunada?
      - Xaora, que la levén condo ye tocaba. Pero nun ye debéu prender.





DE MENEIRO


Ser de meneiro  (locución adxetiva)


Condo se diz qu'unha persona é de meneiro querse dicir qu'é mui retorcida ou ruin. Referido a un neno, quer dicir 'atravesao',  'revoltoso'.