Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








venres, 20 de setembro de 2013

CANTADOR

s.m. Fibra grosa que recorre a carne dos animales.


[NOTA: Nun sabemos se el cantador é cualquer tendón ou un tendón concreto de certo corte del vacuno. Cremos que é un tendón determinado, peró os nosos informantes nun poden precisar cuál é, en qué parte s'atopa. Solo recordan que condo compraban carne de xato, se tía 'cantador', nun gustaba nada, despreciábase nas casas por ruía con frases como: ¿Tu qué comprache? Nun che deron máis que cantador, ou Quítaye ese cantador á carne, que senón, nun hai quen la pase. Ou Condo vayas á obriga diye a ... que queres a carne limpia, sen cantador. Agradecemos cualquer información que poda aclarar el significao esacto d'esta palabra.]


CASAR

El participio del verbo casar aparece nel ditame

        El casado casa quer y el solteiro quer muyer.


[NOTA: É un ditame mui usao en toda España. A primeira parte (El casao casa quer) ta recoyido nel Vocabulario de Mántaras de Suárez Fernández, pero eu sentín muitas veces esta versión completa y nun la ouguín máis que nel Navia-Eo.]





ESPLICATIVA (ou ESPRICATIVA)

s.f. Capacidá d'esplicar as cousas, poder de convecer á xente usando as palabras.

Ex.: Déixadeye ir a Manolo; que fale el cos vecíos, que ten muita espricativa.


volta

El sustantivo femenino volta forma parte da locución prepositiva

                á volta de

qu'usada con unha espresión de tempo é equivalente a 'dentro de' y s'usa pra indicar el término dun periodo de tempo futuro.

Ex.: Á volta de dous anos, xa veremos en qué paróu todo eso.


arre, xo

As interxecióis arre y xo parecen na espresión:

                      nin arre nin xo

que significa 'nin unha cousa nin el outra". Úsase especialmente pra falar das personas indecisas que nun acaban de tomar nin unha determinación nin a contraria.




xoves, 12 de setembro de 2013

FERIDA


A palabra ferida (sustantivo femenino) úsase na espresión:

       nun quedar[ye a alguén] ferida d'aire

que s'usa pra dicir qu'unha persona nun pode nin gurgutar despós de que la enchan, porque queda avergonzada y sin razóis pra poder retrucar al interlocutor.

Exs.: Xa ye dixen todo lo que ye tía que dicir, lo ruín que fora, lo mal que se portóu cuas irmás... Púxenla verde y nun dixo verbo: nun ye quedóu ferida d'aire. //  Vaime ouguir ese rapaz, vouye ler a cartiya y nun ye vai quedar nin ferida d'aire.




xoves, 5 de setembro de 2013

HOSPITALEIRO, -A


sust.  Persona encargada del hospital, qu'era como se chamaba antigamente aos albergues de pelegríos qu'iban camín de Santiago de Compostela.



Observacióis: En Tapia esistía un albergue de pelegríos que se chamaba el Hospital de Piqueiro, que taba, se nun m'equivoco, aprosimadamente unde hoi é a caye Santa Rosa al altura unde se baxa pral muelle pola caye Antonio Tol y Cancio. D'ese albergue desapareceran un día as campás y nun se volvera saber máis nunca d'elas. Por iso quedara como frase feita en Tapia a espresión levar el viaxe das campás de Piqueiro -como xa recoyimos en Álvarez Lebredo (2003)-, pra dicir qu'alguén marchóu pra nun volver ou algunha cousa desaparecéu pra sempre. 
   Na actualidá temos un albergue de pelegríos nun sito ben guapo:  en San Martín, xunta Represas; peró parece ser (según as queixas dos internautas) que nun ten hospitaleiro y é un desastre. É unha pena, porque se tuvera ben atendido dábamos búa imaxe da vila  y se había recomendar na rede. Eso sería unha propaganda de baldre muito miyor que muitas que costan un feixe de cuartos. Por iso pedimos pra Tapia: ¡Hospitaleiro xa! (Alomenos nos meses de veráu).




CONDÓMINA


s.f.  Compañía, grupo de personas que acompañan habitualmente a outra. (Término despectivo). Ex.: Ei vén Carme con toda a condómina. 2. Querida, amante que ten un home fóra del matrimonio.




<NOTA: A palabra condómina aparece xa recoyida nel Vocabulario da Veiga, de Fdez. Vior, unde aparece definida asina:
 
                               sust. f. Grupo de gente de poco fiar. Vèoyes con toda aquela condòmina.

Parece pol exemplo que este uso podería asimilarse á primeira acepción que recoyemos aquí, pero Vior defínela dun xeito máis restrictivo.> 

mércores, 4 de setembro de 2013