Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








xoves, 27 de xuño de 2013

BURRO

A palabra burro aparez neste ditame:

     Tal ven el burro, tal tayan el albarda.


Este ditame está recoyido tamén en Suárez Fdez. (1996) con outra variante mui asomeñada: "Así como ven el burro, así ye poin el albarda".  Significan esactamente el mesmo y demostran qu'as aparencias importaron sempre, nun é cousa destos tempos de tolos. Anque os ditames señan prácticamente iguales, préstanos muito a versión que recoyemos nosoutros en Tapia y nun queremos perder a ocasión de poñela na "salvadeira".




ALMOFÍA


s.f.   Palancana, recipiente en forma de prato grande que sirve pra lavarse nél (principalmente as maos y a cara).



COTROSO, -A

Un ditame mui usao y que m'estraña que nun teña xa recoyido en Suárez (96):

          Conto máis cotroso, máis escupuloso.



COSQUEIRA


s.f. Vendedora ambulante, muyer que vendía nos mercaos dos distintos lugares da comarca.


ESLAMPACIAR


v. intr. Fregar mal deixando todo moyado y pouco limpio.


ESQUEICER


El verbo esqueicer aparez tamén nel ditame

        Lo esqueicido, nin dao nin agradecido.



RECONCHEGARSE


vide ARRECONCHEGARSE


ARRECONGHEGARSE


v. intr. achegarse, arrechegarse, poñerse xunto [a daqué ou daquén].


mércores, 26 de xuño de 2013

CARA

A palabra cara úsase na expresión

         dar cara

que significa 'volver [unha cousa] al sou estado primeiro, devolver[ye a unha cousa] a súa aparencia orixinal.

Ex.: Por muito que frego esta pota, nun sou quen a darye cara.


SALÚ


A palabra salú aparece na espresión:

           gastar mala salú

Significa 'ser enfermizo, tan constantemente enfermo'.




AZAPATIA(D)O, -A


adx.: Mui mouro y coa pel aveyentada, a causa del sol.


TAZAR


v. intr. Romper [a roupa] polos dobleces.




CORCUSIDO ou CURCUSIDO


s.m. Costura apretada y mal feita.

 Ex.:  ¿Cómo ques que ye cosera os pantalóis, col furao que yes fexo na rodiya? Fíxenye un corcusido y gracias.


SUDAR


Recoyimos este ditame col verbo sudar, que nun necesita explicación:

    El qu'outro suda, a min pouco me dura.


LAÑADA


s. f. Ferida aberta ou infección na pel.

Ex.: Nun te rasques tanto, que vas amañar ei unha lañada.



RECÁNCAMO, A


adx. Úsase na expresión veyo recáncamo, que quer dicir: 'mui veyo'.

Exs.: Nun tá pra festas; é unha veya recáncama.
        Esa palabra nun la dicen máis qu'os veyos recáncamos.



TARABICA


s.f. 1. Peza de madera que xira y sirve pra pechar portas y ventás. 2. Corbata de lazo.


                                                  Tarabica 1:





                                             Tarabica 2:




martes, 25 de xuño de 2013

REVOLTAINA


s. f. Acción breve de revolver.

    Ex.: Has darye unha revoltaina al caldo mentres vou á misa.






NUBREIRO


Cua palabra nubreiro, que designa a un ser mitolóxico asociado á tormenta, escuitamos a espresión:

              cara de nubreiro

que significar 'cara enfurruñada, cara de tar mui enfadao'.

Ex.: Con esa cara de nubreiro que me pois sempre que che mando fer algo, quenquera che pide que me vayas á botica.



[Rafael Cascudo ten tamén recoyida a espresión "máis feo qu'un nubreiro", según nos informa Iván Iglesia Fdez. 'Cazarón'].

luns, 24 de xuño de 2013

INCIAR

v. intr.  Proliferar, multiplicarse [un ser vivo].

            Ex.: ¡Cocebeyos! Como incíen na casa tamos perdidos...
                  Os pioyos nun hai que deixalos inciar. 
                  Esa nena ta inciada de pioyos.


(Nel Vocabulario d'a Veiga, de Fdez. Vior aparece nestas acepcióis: 1. Iniciar, comenzar. 2. Nacer, aparecer. A bidureira incíase por si sola.  Parece qu'estos son os sentidos rectos, os que vein directamente del latín INITIARE, mentres qu'el significao que nosoutros recoyimos en Tapia parez máis ben un sentido desviao, derivao del sentido primitivo).






DESTE, DESTA


Deste, -a úsase como sustantivo con significao non definido, condo nun se pode ou nun se quer usar el sustantivo de que dispón a lingua pra designar un obxeto. É unha palabra comodín.

      Exs.:  Levaba un deste hasta os pés (--> un abrigo).
               Teis a desta cotrosa (--> a chaqueta).
               El deste cólgalo un poco máis abaxo (--> el cuadro).








         

XÓUXORA


s.f. Furao pra desauguar unha embarcación.



A palabra aparece na espresión:

                   col pé nel estribo.

Significa 'a pique de marchar'. Noutro sentido significa tamén 'a pique de morrer'.

             Ex.: -¿É verdá que ta mui malo Adolfo?
                   - Uy, ese xa tal col pé nel estribo.





PERGUNTAR

A palabra perguntar ou preguntar aparece neste ditame:

         Pérguntaye a Mateo, que minte como eu.

Úsase condo a persona que se pon como exemplo de quen pode confirmar unha información é de pouco fiar.

           Ex.: - Dígoche qu'é verdá. Vai perguntarye a María...
                 - Si, si, pergúntaye a Mateo, que minte como eu.



CONTO

A palabra conto, nel sentido de 'rumor, faladuría' aparez na espresión:

                         leva(d)o / levada de contos

É unha locución adxetiva que significa 'contequeiro, mui dao a amañar contos y rumores'.

            Ex.: Nun fagas muito caso del que che dixo Pepe, que todo el mundo sabe qu'é mui levao de contos.





                   

CASORIO


A palabra casorio, que significa 'voda, matrimonio' úsase na espresión

                      nun perder casorio

Quer dicir que a ocasión nun merez tantos esforzos como se ta tomando unha persona. Úsase sobre todo condo unha persona se ta amañando muito pra ir a algún sitio y el que fala considera que nun é necesario.

                Ex.:  - Espera, que teño que cambiarme el vistido.
                        - Anda, ni'anda, vai así, que nun perdes casorio.





sábado, 22 de xuño de 2013

xoves, 20 de xuño de 2013

CRUCEIRO


s.m. Cruz de pedra de grandes dimensióis, normalmente rodeada d'escaleiras, que se colocaba cerca d'unha igresia. Son frecuentes tamén en Galicia, Irlanda y Bretaña.






CHIPRITO


s.m. Voz aguda y desagradable.

Exs.:  Fala con un chiprito...
         Ten un chiprito que nun hai que la escuite.
         Osús, qué voz de chiprito.




MAO


Coa palabra mao recoyimos a expresión:


vir[ye a alguén unha cousa] á mao:   resultar oportuna unha cousa.






CAZAR


v. intr. colarse [os chapíos] dentro dos zapatos.

Exs.: Con estos zapatos cazánseme os chapíos.
         Levas os calcetos cazaos.











PUTAÑEGO


adx.: [Persona] qu'aveza andar con prostitutas.



COCHO


Outro ditame:


A todo cochín, chégaye el sou San Martín.




Este ditame esiste tamén en Galicia y resto d'España. É ben conocido: significa que a todos yes acaba chegando el castigo que merecen.

 De todas formas é máis guapo el noso "San Andrés, coye os cochos polos pés", que ten un significao mui diferente peró tamén fai referencia á matanza: indica el momento en qu'el tempo empeza a tar frío abondo (30 de novembre) pra poder matar os cochos.


TRIGO


Outro ditame:

El trigo por San Isidro, nin nel houcha nin nacido.



Suárez Fdez. recoye "El meiz por San Isidro, nin nel houcha nin nacido". El que leva a palabra trigo parez ser el ditame orixinal (da época que inda se semaba trigo), porque mantén unha métrica perfecta (dous octosílabos).





FUXA


s.f.  Apariencia, aspecto d'unha persona.

Ex.:  -Vin al mozo de Carmía. 
        - ¿Y qué tal fuxa ten?

    Úsase muito nas espresióis:

        Ser de pouca fuxa: nun ter búa apariencia.
        Ter fuxa:  Ter bon aspecto.

    Ex.: -¿Como é el rapaz?  - Ten fuxa // É de pouca fuxa.




SUÁREZ FERNÁNDEZ recoye a palabra fruxe con un significao asomeñao. ¿Son dúas variantes da mesma palabra?     

     

mércores, 19 de xuño de 2013

FONDO


Aqui temos outro ditame:

Veña del fondo, veña abondo.


Fai referencia al feito de gastar sin tino d'unha cousa que se gana sin muito trabayo. É unha espresión d'orixen marineira: el pescao, como vén del mar, parez que nunca s'acaba.





REVOLTUAYO


s.m. montón de cousas distintas xuntas y en desorden. (USO: é un término despectivo)

   Exs.:

      - Condo fun al mercao, xa lo venderan todo. Solo quedaba un revoltuayo de peras, mazás   y 
         limóis
      - El baile nun valía nada: había muito revoltuayo de xente.

                           

                     

PAPAS


Cua palabra papas recoyimos este ditame:


Papas a home d'oficio, pape el demo a quen las fixo.




Como é evidente, quer dicir qu'as papas nun son comida abonda pra un home que trabaya.







BREXO, BREXÓN


s. m. Arbusto da familia das ericáceas con flores malvas que pode alcanzar unha altura considerable. Usábase tradicionalmente como combustible en fornos, cocías y chaminías.





PREGUNTA:

¿É esactamente el mesmo que a gancela (erica scoparia)? ¿Ou é outra variedá da mesma familia?


ANÉCDOTA:
Nas capitulacióis matrimoniales da mia cuarta abola (a madre d'unha das mías tatarabolas) taba estipulado que debía recibir de sou padre dous carraos de brexón al ano pr'atizar el lume.





GRANDE

adx. Veyo, de máis edá.

    Ex.: A irmá grande é a máis guapa.



MANGUEIRA


s. f. Columna d'augua que se forma sobre el mar formando un remolín.





BOQUEIRA

Ademáis das acepcióis ya recoyidas (1. entrada d'unha finca. // 2. furao, especialmente, el que deixa un dente que se perde), nosoutros amecemos unha terceira acepción:


s. f.  Ferida na comisura dos labios.



martes, 18 de xuño de 2013

ESCALFORIDO, -A


adx. Queimao por augua fervendo.

Úsase na espresión: como gato/-a escalforido /-a, pra significar 'muito enfadao'. Exemplo: Condo ye dixen que nun podía ir, púxoseme como gata escalforida.